Cookies

Noticias 

ENTRETODOS

Programa para persoas con enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas.

 

30/03/2021

Dende a Liga Reumatolóxica Galega puxemos en marcha o programa Entretodos para persoas con enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas. 

Básase na creación de grupos específicos de apoio á autonomía persoal abertos a persoas con diferentes diversidades funcionais, amigos e familia para que non sólo compartades as vosas  vivencias e ofrezcades consellos para unha maior independencia social e persoal, sinón que participedes en sesións de «role- playing», unha actividade de cambio de roles que permite aos participantes poñerse en situacións que aínda non viviron co obxectivo de valorar cal sería a súa reacción ou que decisións tomarían nese momento.

O programa complementarase con actividades físicas, culturais e formativas. Dentro destos grupos, perseguimos tratar de maneira xeral temas que a todos vos afectan para despois entrar a analizar cada caso e detectar as verdadeiras carencias particulares. Dispoñer de autonomía é fundamental para que calqueira persoa teña unha vida plena e satisfactoria. Pero a autonomía “real" vai máis alá de aprender a realizar actividades cotidianas como vestirnos, ducharnos, desplazarnos ou facer a compra. A autonomía persoal tamén se relaciona coa posibilidade de establecer relacións con outras persoas, desenrolarse  na sociedade e tomar decisión de maneira independiente.

O proxecto se desenrolará  coa cofinanciación da Xunta a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renta procedentes das persoas contribuíntes  que marcaron o cadro de actividades de interese xeral considerada de interese social.

 

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades
Colabora > Apoya con tu firma > Acciones cerradas > Titular de la acción 00