LIGA
con nós

Estatutos

Estos estatutos describen la normativa de funcionamiento de nuestra organización. La versión actual fue aprobada por la Asamblea de asociaciones en el año 2014.

ESTATUTOS SOCIAIS DA LIGA REUMATOLOXICA GALEGA

"LIREGA” LOITA CONTRA O REUMATISMO

Artigo 1º Fúndase na cidade da Coruña, unha Asociación que se denomina LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA: "LOITA CONTRA O REUMATISMO" LIREGA, en adiante LIGA, que se rexerá polos presentes Estatutos polo que dispoña a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, polas disposicións complementarias e polas outras normas ditadas e que se diten no futuro en relación coas finalidades sociais que pretende cumprir.

Artigo 2º A LIGA, ten como finalidade promover e desenvolver, a nivel individual e social, a loita contra as enfermidades reumáticas e as consideradas reumáticas raras, a súa prevención e profilaxe, tratamento e rehabilitación, coa asistencia e mellora dos afectados polas devanditas enfermidades de acordo cos preceptos legais e regulamentarios, e todo iso sen ánimo de lucro.

Artigo 3° Para o cumprimento das súas finalidades, a LIGA, goza de personalidade xurídica e de capacidade para actuar e poderá, pola súa competencia, ou en colaboración con outras persoas ou entidades públicas e privadas, levar a cabo todos ou calquera dos seguintes principios: a) Constituír, manter, subvencionar e promover a creación de organizacións, centros e establecementos para a profilaxe, investigación, tratamento ou rehabilitación dos afectados. b) Fundar, contribuír, manter, dirixir e subvencionar a creación de talleres de traballo para os afectados, de acordo coas posibilidades de cada un deles, tendo en conta as súas limitacións físicas. c) Promover, dirixir, subvencionar e cooperar coas campañas de educación sociosanitaria destinadas á divulgación das doenzas reumáticas e as consideradas reumáticas raras, terapia e prevención. d) Concienciar á sociedade e á opinión pública sobre a importancia da inclusión social das enfermidades reumáticas e as consideradas reumáticas raras dando sempre un carácter normalizador do paciente tanto a nivel laboral como social. e) Promover e cooperar na organización de xuntanzas, conferencias e congresos sobre doenzas reumáticas e as consideradas reumáticas raras e as súas incidencias e consecuencias. - 2 - f) Desenvolver e fomentar as actividades docentes destinadas á formación do persoal técnico especializado no diagnóstico, tratamento e profilaxe das doenzas reumáticas e as consideradas reumáticas raras e da rehabilitación dos doentes así coma subvencións e becas. g) Subvencionar e financiar, total ou parcialmente, o tratamento e a rehabilitación do doente de economía deficitaria. h) Divulgar o coñecemento na investigación, o tratamento e a profilaxe das doenzas e das técnicas de rehabilitación dos afectados, así como a publicación e adquisición de revistas, folletos obras científicas e documentación en xeral. i) Ofrecer un servizo personalizado e profesionalizado, facilitando espazos de atención, asesoramento e información, que atenda ás demandas das persoas que padecen enfermidades reumáticas e enfermidades reumáticas raras. j) Representar ás persoas con enfermidades reumáticas ante as administracións e institucións. Levar propostas, reivindicacións e alternativas para mellorar a atención sociosanitaria. k) Colaborar con outros profesionais de diferentes ámbitos no logro de intervencións que melloren a calidade de vida das persoas con enfermidades reumáticas e as consideradas reumáticas raras favorecendo o asociacionismo por medio de convenios de colaboración, como forma de mellora da calidade de vida dos afectados. l) Colaborar e realizar actividades conxuntas, con aquelas outras Asociacións, Federacións, Fundacións e calquera outros organismos, públicos ou privados, que teñan por obxecto a atención ás persoas afectadas e a mellora da súa calidade de vida. m) Capacitar ás persoas afectadas a través de accións que melloren a súa inclusión social, cultural, laboral. 1. Programas de Formación. 2. Visibilización do afectado a través dos movementos culturais,sociais e deportivos. n) Promover, desenvolver e participar en actividades deportivas, culturais e de ocio e tempo libre adaptadas e dirixidas a persoas que padecen enfermidades reumáticas e enfermidades reumáticas raras e, especificamente ás necesidades de nenas e nenos, mozas e mozos afectados, para a súa plena integración social. o)Desenvolver programas e actividades relacionados co fomento e a participación do voluntariado social - 3 - p) Promover, participar e crear iniciativas laborais e empresariais que primen a inserción laboral de persoas que padecen enfermidades reumáticas e enfermidades reumáticas raras, en postos de traballo adaptados ás súas necesidades e en condicións de igualdade de deberes e dereitos cos demais traballadores, conforme á lexislación vixente. q) Promover o acceso das persoas con enfermidades reumáticas e enfermidades reumáticas raras ó pleno emprego. r) Aqueloutras que teñan relación co cumprimento das finalidades sociais.

Artigo 4ª A LIGA, desenvolverá as súas actividades dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Terá unha duración indefinida e disolverase polo acordo da Asemblea Xeral ou polas causas previstas na Lei.

Artigo 5º A LIGA, terá a sede en: Centro Cívico A Silva- C/Venela s/n – 15010- A Coruña. Poderanse crear outros locais sociais ou Delegacións noutras cidades e vilas galegas, por acordo da Xunta Directiva, si se considera axeitado e oportuno para o desenvolvemento da Asociación.

OS SOCIOS

Artigo 6º Poderán ser socios da LIGA todas as entidades e todas as persoas maiores de idade que estén no pleno uso dos seus dereitos civís, que teñan algún tipo de interés por servir as súas finalidades, que sexan admitidos pola Xunta Directiva e que asuman a obriga de cumprir o que dispoñen estes Estatutos. A Liga Reumatolóxica Galega poderá integrar a outros colectivos nas condicións axeitadas e por acordo entre as dúas partes, atendendo aos intereses de la Liga Reumatolóxica. Estes colectivos participarán nas asembleas con un só voto. 

Artigo 7º Os socios poderán ser das seguintes clases: a) Socios Fundadores, que serán os que constituíran a LIGA. b) Socios de Número, que serán as persoas que solicitaran o ingreso na LIGA admitidos como tales pola Xunta Directiva c) Socios de Honor que serán as persoas que sendo socios de outras clases ou non sendo, distínganse notoriamente polas súas actividades científicas, profesionais ou de calquera outra maneira en pro das finalidades sociais ou aquelas outras que á Xunta Directiva queira outorgar esta distinción.

Artigo 8ª Os que desexen pertencer á LIGA , teñen que solicitar por escrito,ou no formato electrónico que se estableza ó Presidente, quen informará á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou non do socio, sen recurso posterior. Ademais disto, a condición de socio non se adquire sen que se faga efectiva a cota da forma e a cuantía que estableza a Xunta Directiva.

Artigo 9º Os socios poderán solicitar a baixa da Asociación sempre que o consideren oportuno, pero non quedarán relevados de cumprir as obrigas que teñan pendentes coa Asociación, no momento de solicitar a baixa. A Xunta Directiva poderá separar da Asociación a aqueles socios que cometan actos que os fagan indignos de continuar. A separación non se levará a cabo sen antes presentar un expediente no que o interesado sexa escoitado, e poderá interpoñer un recurso contra o acordo da Xunta Directiva durante a primeira Asemblea Xeral que teña lugar.

Artigo 10º A Xunta Directiva poderá sancionar os socios por infrinxir reiteradamente os estatutos ou acordos da Asemblea Xeral ou da Xunta Directiva. As sancións poden incluír, dende a suspensión dos dereitos do socio durante un mes ata a separación definitiva da LIGA, nos tennos previstos no artigo anterior.

Artigo 11º Os socios terán os seguintes dereitos: a) Participar nas actividades que programe a Asociación e nos actos sociais que organice para todos os socios. b) Exercer o dereito de voz e voto nas Asembleas Xerais. c) Ser nomeado membro da Xunta Directiva na forma prevista nos Estatutos d) Ter un exemplar dos Estatutos e coñecemento dos acordos adoptados polos organismos directivos. e) Coñecer o estado de contas, ingresos e gastos da Asociación de cada ano.

Artigo 12º Son obrigas de todos os socios: a) Acatar os estatutos e os acordos validamente adoptados pola Asemblea Xeral e a Xunta Directiva. b) Abonar as cotas de entrada, e as periódicas de acordo coa Xunta Directiva. c) Cumprir fielmente as obrigacións co cargo que ocupen. d) Prestar a colaboración persoal, que, en relación coas finalidades da Asociación teñan encomendadas por esta e polos organismos directivos.

Artigo 13º A condición de socio pérdese: a) Por propia vontade, según o que establece o artigo 9° dos Estatutos. b) Polo acordo da Xunta Directiva, de conformidade có que establecen os artigos 9º e 10º dos Estatutos.

ÓRGANOS DE GOBERNO E ADMINISTRACIÓN

Artigo 14º A LIGA, está rexida e administrada pola Asemblea Xeral e pola Xunta Directiva.

ASEMBLEA XERAL

Artigo 15º A Asemblea Xeral, integrada por tódolos socios, é o órgano supremo da Asociación e reunirase sempre que o acorde a Xunta Directiva, pola súa iniciativa ou polo acordo da décima parte dos socios. Obrigatoriamente han de convocar a Asemblea Xeral en sesión ordinaria, unha vez ó ano no primeiro trimestre para aproba-lo plan Xeral de actuacións da Asociación, censurar a xestión da Xunta Directiva, aprobar os presupostos anuais de ingresos e gastos, así coma o estado de contas correspondentes ó ano anterior. A Asemblea Xeral reunirase en sesión extraordinaria cando o esixan as disposicións vixentes e cando o acorde a Xunta Directiva, en consideración cos asuntos que se van tratar e para coñecer as seguintes materias: disposición e licitacións de bens, nomeamento da Xunta Directiva, solicitude de declaración de utilidade pública, modificación dos Estatutos e disolución da Asociación.

Artigo 17º A convocatoria das Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, serán por escrito ou medios electrónicos, expresando o lugar, día e hora da reunión a celebración da Asemblea Xeral, en primeira convocatoria, ou en segunda,transcorrida media hora da primeira.

Artigo 18º As Asembleas Xerais, tanto ordinarias coma extraordinarias quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cardo estean a maioría dos asociados e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asociados asistentes.

Artigo 19º Os acordos das Asembleas Xerais adoptaranse por maioría de votos. Tamén, o voto favorable das dúas terceiras partes dos asociados presentes serán necesarios para adoptar acordos na Asemblea Xeral Extraordinaria sobre a disposición de bens, a aprobación do voto de censura, a solicitude de declaración de utilidade pública, a modificación dos Estatutos e a disolución da Asociación. Nas Asembleas Xerais Extraordinarias que teñan como fin a elección dos membros da Xunta Directiva, será escollida aquela candidatura que teña o maior número de votos dos membros presentes na Asemblea. 

XUNTA DIRECTIVA

Artigo 20º A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro, ata oito vocais, escollidos por tódolos socios constituídos en Asemblea Xeral, mediante votación directa e secreta. Calquera socio poderá presentar a súa candidatura para calquera cargo da Xunta Directiva, sen outros requisitos que estar ao corrente das súas obrigacións coa Asociación e ter unha antigüidade como socio de, como mínimo , un ano.

Artigo 21º Os cargos da Xunta Directiva serán gratuítos e escollidos por un período de catro anos, poderán ser, obxecto de reelección indefinidamente. As candidaturas para a elección dos cargos da Xunta Directiva serán pechadas e encabezadas polo candidato a presidente. Especificarase despois, os candidatos para o resto dos lugares a cubrir e serán presentados ó Secretario Xeral dentro do termino previsto pola Asemblea Xeral na convocatoria das eleccións.

Artigo 22º E función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades sociais e a xestión administrativa e económica da Asociación, someter a aprobación da Asemblea Xeral o presuposto de ingresos e gastos, e tamén o estado das contas do exercicio anterior e, en xeral resolver todos os asuntos que estean relacionados có goberno e administración, e coñecemento de todo o que non esté especificamente atribuído á Asemblea Xeral. Especialmente, será competencia da Xunta Directiva: a) Convocar a Asemblea Xeral. b) Dispoñer dos fondos e bens sociais, e dos actos de disposición e alienación que estime oportuno acordar en relación con estes, aclarando que se fai referencia ós bens inmobles sen prexuízo das competencias que en relación a estes últimos, competen a Asemblea Xeral. c) Acordar os ingresos e baixas dos socios que estimen procedentes, de acordo co que dispoñen os Estatutos. d) Nomear e separar ó persoal administrativo da Asociación, manter a orden e a disciplina e corrixir as faltas que se cometan. - 8 - e) Representar á Asociación en toda clase de contratos, actos, asuntos xudiciais, administrativos ou de calquera outro carácter e exercitar xudicialmente e extra xudicialmente todas aquelas accións, excepcións e recursos que corresponda á Asociación. f) Fixar as directrices da actuación da Asociación, a fin de cumprir os obxectivos sociais. g) Crear todas aquelas comisións que sexan consideradas oportunas para a marcha da Asociación.

Artigo 23º A Xunta Directiva queda validamente constituída cardo concorran á sesión correspondente a metade mais un dos seus membros e adopte os seus acordos pola maioría dos asistentes. No caso de empate, o voto do Presidente decidirá.

Artigo 24º A Xunta Directiva reunirase tantas veces como o determine o seu Presidente e no seu defecto, o Vicepresidente, ou a petición da metade máis un dos seus membros.

Artigo 25º A Xunta Directiva estará presentada por un Secretario, que terá voz e voto. O Secretario levantará Acta de cada reunión da Xunta Directiva e da Asemblea Xeral, que logo a transcribirá o Libro de Actas, exercerá ademais as funcións que lle encomende o Artigo 30.

Artigo 26º Os membros da Xunta Directiva cesarán dos seus cargos: a) Ao rematar o prazo polo que foron elixidos. b) Por dimisión. c) Por incapacidade física que lles impida realiza-la súa misión. d) Polo voto de censura acordado pola Asemblea Xeral Extraordinaria. e) Por outras causas que determinen as Leis e Regulamentos.

Artigo 27º As vacantes que se produciran na Xunta Directiva serán cubertas interinamente pola propia Xunta, ata que se reúna a Asemblea Xeral que elixirá as persoas que ocuparán as vacantes. Os que foran elixidos desta maneira exercerán o seu mandato ata que se cumpra o tempo polo que foron elixidas as persoas a quen sustituiron.

Artigo 28º O Presidente da Xunta Directiva, e no seu defecto o Vicepresidente, ostentará a representación legal da LIGA e actuará no nome desta, estará obrigado a executar os acordos validamente adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 29º Corresponde o Presidente, e no seu defecto por ausencia o enfermidade o Vicepresidente: a) Representar legalmente á Asociación. b) Convocar, presidir e modera-las sesións que celebre a Xunta Directiva, e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha ou doutra e decidir, polo voto de calidade, en caso de empate. c) Determinar a orden do día das Xuntas Ordinarias e Extraordinarias da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva. d) Propoñer o plan de actividades da Asociación a Xunta Directiva. e) Ordenar os pagamentos que validamente foron acordados. f) Levar a firma da Asociación, e polo tanto firmar a correspondencia, circulares e outros escritos e comunicacións g) Nomear ós Presidentes para as diferentes comisións que se creen. h) Tomar as medidas necesarias en casos de urxencia, sen prexuízo de informar á Xunta Directiva ou Asemblea Xeral e según o caso na primeira xuntanza que se celebre. i) Autorizar conxuntamente co Tesoureiro toda clase de pagamentos da Asociación, firmar cheques, talóns da conta corrente , ordes de pagamento e outros documentos bancarios que correspondan.

Artigo 30º O Secretario da Xunta Directiva recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de socios, e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Asociación. Redactará ademais as Actas da Asemblea Xeral e das reunións da Xunta Directiva e terá o seu cargo o Libro de Actas e autorizará co visto bo do Presidente as certificacións que se precisen dos órganos de goberno da Asociación.

Artigo 31º O Tesoureiro dirixirá a contabilidade e levará conta dos ingresos e gastos sociais, intervirá nas operacións de orde económico, recadará e gardará os fondos da Asociación e cumprimentará as ordes de pagamento que ordene o presidente. Redactará tamén o presuposto anual de ingresos e gastos, así como tamén o estado de contas do exercicio anterior, que terán que ser presentados á Xunta Directiva para sometelos a aprobación da Asemblea Xeral.

Artigo 32º Cada un dos membros da Xunta Directiva terá as obrigacións propias do seu cargo así como tamén as delegacións ou comisións que a propia Xunta lles mande.

DO RÉXIMEN ECONÓMICO

Artigo 33º A LIGA ó constituírse carece de Patrimonio e o límite do seu presuposto anual non superará os 600.000€.

Artigo 34º Os recursos económicos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes: a) As cuotas de entrada que determine a Xunta Directiva. b) As cuotas periódicas que esta decida. c) Subvencións, donativos legados ou herdanzas que reciba. d) Intereses e rendas do seu patrimonio e ingresos que se consigan pola publicación e distribución de obras científicas, publicacións e impresos. - 11 - e) O producto ou intereses de colectas ou calquera outros actos en medios lícitos, que coas correspondentes autorizacións gobernativas ou administrativas poidan celebrarse para a recadación de fondos destinados ó cumprimento dos obxectivos sociais. f) A través de convenios locais,autonómicos, estatais ou internacionais.

Artigo 35º A Asociación levará os libros de contabilidade onde figuren tanto o patrimonio, como os dereitos e obrigacións, os ingresos e gastos da Asociación precisando a súa orixe e destino. O exercicio asociativo e económico será anual e o seu peche terá lugar a 31 de decembro de cada ano.

Artigo 36º Serán causas de Disolución a falta de recursos económicos e/ou humanos para poder realizar a xestión básica da Asociación. Ditas causas deberán ser apreciadas en Asemblea Xeral Extraordinaria, convocada ó efecto, e coa aprobación da maioría dos membros legais presentes na mesma. No caso en que sexa disolta a Asociación, a Asemblea Xeral que acorde a súa disolución, nomeará unha comisión liquidadora fornada por cinco membros da Asociación, que se fará cargo dos fondos que existan nese momento O remanente que quede, entregarase a calquera outra entidade legalmente constituída, con domicilio en Galicia, que se dedique a fins iguais ou parecidos á LIGA REUMATOLÓXICA.'LOITA CONTRA O REUMATISMO". DISPOSICIÓN ADICIONAL En todo canto non estea previsto neste Estatuto, aplicarase a vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de Asociación e as disposicións complementarias.